NOTA DE PRENSA
Presentación e coloquio do documental
O Vello Pancho, de Ribadeo ao Plata
Data: 31 de outubro de 2025
Hora: 19:30 horas
Lugar: Auditorio do Vello Cárcere
Colaboran: Vicepresidencia da Deputación de Lugo, Área de Cultura
e Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de
Lugo
O próximo 31 de outubro ás 19,30 horas, o Auditorio do Vello Cárcere acollerá a presentación e
posterior coloquio do documental O Vello Pancho, de Ribadeo ao Plata, unha produción que afonda
na historia da emigración galega ao Río da Plata e nas contribucións culturais e sociais dos galegos
en terras uruguaias. O acto contará coa participación de Ramiro Rodríguez Bausero, Cónsul Xeral
do Uruguai en Galicia, Xan Leira, director do documental e Pablo Rodríguez "Vivín", escritor,
investigador e historiador local de Ribadeo.
Unha historia de emigración e legado cultural
O documental explora a masiva emigración galega ao Río da Plata, especialmente dende a
comarca da Mariña e Ribadeo, durante a segunda metade do século XIX. A través do arquivo familiar
d e Alonso y Trelles, coñecido como "O Vello Pancho", descuberto polo propio Pablo Rodríguez
"Vivín", a película afonda na vida e obra deste destacado escritor e político, cuxa poesía se converteu
nun símbolo da cultura rioplatense.
A obra poética de Alonso y Trelles e a súa influencia na música
A narrativa do documental analiza a obra poética de Alonso y Trelles, destacando os seus temas
principais: a natureza, o gaucho e a vida rural uruguaia. A súa influencia chegou ata o mundo da
música, con figuras como Carlos Gardel e Alfredo Zitarrosa, quen puxeron voz a varios dos seus
poemas. Gardel interpretou pezas como "¡Hopa, hopa, hopa!", "Insomnio" ou "Misterio", mentres que
Zitarrosa converteu "De la Lucha" nun himno reivindicativo.
O legado de "O Vello Pancho" na actualidade
O coloquio posterior á proxección abordará o significado actual da obra de Alonso y Trelles e a súa
contribución ao patrimonio cultural e histórico da provincia de Lugo. A súa traxectoria serve como
ponte entre Galicia e Uruguay, recordando o papel fundamental dos emigrantes galegos na
construción material e inmaterial destes países

