Valín Libros

  Carrito vacío

CAN SEN DONO Nº 1-2-3-4-5-6-7-8-9-10-11-17-18-19

Descripción: 

Revista de humor gráfico e literario que comezou a publicarse ocasionalmente a principios dos anos oitenta. A idea partiu dos humoristas gráficos Gogue e Pepe Carreiro, o seu primeiro director. Contou coa colaboración inicial de Luís Mariño e de Antonio Mascato como editores. Nunha segunda etapa foi dirixida por Picho Suárez. Os últimos números apareceron só coincidindo con acontecementos puntuais como as eleccións, o referendo da OTAN, a Guerra do Golfo Pérsico, etc. No tocante aos numerosos colaboradores gráficos destacan, entre outros: Gogue, Pepe Carreiro, Xosé Lois, Xaquín Marín, Quesada, Siro, Hortas, Lalo, Fran Jaraba, Kukas, Chichi Campos, Tokio, Philipot, Carlos Silvar, Bernar, Forxán, Victorino Tizón, Rocamadour, Evaristo Pereira, Miguel Vigo e Loquis. Pola súa parte, os colaboradores literarios usaron practicamente todos pseudónimo, que en bastantes casos agochaban firmas recoñecidas. O formato da revista variou constantemente debido a problemas técnicos e económicos.  Fuente Egu.xunta.gal

Código SKU:
30214
Existencias: 
1.00
200,00 €
Editorial: 
Año edición: 
1981 - 1993
Ubicación: 
Estado: 
Encuadernación: 
Categoría: 
Idioma: 
Número de páginas: 
300