Valín Libros

  Carrito vacío

Aparece en Lugo unha das primeiras edicións de 1863 de «Cantares Gallegos» de Rosalía de Castro

Aparece en Lugo unha das primeiras edicións de 1863 de «Cantares Gallegos» de Rosalía de Castro

 

 

 

LUGO CIUDAD

Valín ensina a portada do libro de Cantares Gallegos

Valín ensina a portada do libro de Cantares Gallegos Óscar Cela

Apareceu envolto nun papel de periódico e a Libraría Valín o restaurou e o expón ata finais de maio xunto con outros exemplares de valor de obras da poetisa galega

16 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Comentar · 0

Con motivo do Día das Letras Galegas presentase na Libraría Valín, na Rúa San Roque de Lugo, unha edición de «Cantares Gallegos» do ano 1863, do que se cumpren 160 anos da súa primeira publicación, e que marcou a data da celebración da festa da literatura e lingua galega. A obra foi encadernada e restaurada pola prestixiosa Inés de Castro, e o seu dono é José Manuel Valín Barreiro, propietario de Valín Libros. Este histórico exemplar será exposto ao público nas instalacións da citada la librería de vello, entre o 15 e o 31 do presente mes de maio.

O día 17, de 11.00 a 13.00 horas, farase un acto de presentación de dita edición; «unha verdadeira xoia, correspondente a un dos pouco más dun cento de libros publicados naquela data da nosa ilustre Rosalía», segundo indica o dono da libraría.

DONDE APARECIÓ

Valín sinala que o exemplar foi localizado cando mercou a un particular unha pequena biblioteca con exemplares, case todos eles, do século XIX. «Cantares Gallegos» apareceu envolto nun papel de periódico, e cunha lenda que dicía: «Poesías de Rosalía de Castro». Postos en contacto coa Fundación Rosalía, «recibimos as instrucións precisas para comprobar a autenticidade do libro que, resultou ser un orixinal de 1863», explica Valín.

 

Portada do libro de 1863 de Cantares Gallegos

Portada do libro de 1863 de Cantares Gallegos Óscar Cela

 

RESTAURACIÓN

O dono da libraría de vello sinala, como dato, non menor, que o libro orixinal carecía da primeira e as tres últimas follas (glosario e índice); e estas foron incorporadas á restauración do mesmo, procedentes dun facsimilar da «Enciclopedia Galega» de 1986. O encadernado fíxose en coiro, como se facía na época, e tamén un pranchado das follas e un novo cosido. Na vitrina da exposición poderá contemplarse este traballo.

EXPOSICIÓN

A súa vez, José Manuel Valín, completa os expositores con numerosos libros de Rosalía de Castro, entre os que destacan a primeira colección dos seus libros de poesía de 1933 da Editorial Páez de Madrid; un exemplar da súa primeira edición (1880) de «Follas Novas» e un facsimilar deste libro publicado en Bos Aires en 1943; unha curiosa edición de «Cantares Gallegos» en catalán de 1917. Completarán a exposición outros libros de renome e primeiras edicións. As persoas interesadas poderán contemplar e mesmo ter nas súas mans.